top of page

O Concello de Santiso ten aberto ata o venres o prazo de inscrición para o campamento de verán

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Será en horario de mañá e está dirixido aos menores de idades comprendidas entre os tres e os 14 anos


Laura Moure/Santiso

O Concello de Santiso ten aberto o prazo de inscrición para o seu campamento de verán. Terán acceso os menores con idades comprendidas entre 3 e 14 anos (deben ter ese tramo de idade durante a realización da actividade). O horario será de mañá, de 10:30 a 13:30 horas.

O campamento de verán 2022 terá unha única quenda que será desde o 4 de xullo ao 5 de agosto (cinco semanas). No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, os criterios de adscrición de praza serán os seguintes:


  1. Os casos de emerxencia social do concello de Santiso, que estarán exentos de pago presentando o correspondente informe do Servizos Sociais do Concello.

  2. Os/as nenos/as empadroados no municipio de Santiso.

  3. Os escolarizados no CEIP de Arcediago.

  4. O resto de solicitudes.

En todos os casos terase en conta a orde de rexistro de entrada no concello de Santiso. Calquera circunstancia de saúde que poida afectar á/ao menor (alerxias, intolerancias, enfermidades crónicas, afeccións de saúde,...) deberase sinalar na solicitude e achegar un informe médico sobre a diagnose e as actuacións que debe ter en conta o monitorado. De non achegar o informe médico, entenderase que non existen. Coa solicitude achegaranse os datos da persoa que está autorizada pola/o nai/pai ou titor legal para recoller á/o menor. De non achegar estes datos, entenderase que soamente poderán recoller á/ao menor a/s persoa/s solicitante/s.

Prezos

A contía do prezo público regulado está fixada na ordenanza e serán as tarifas que se citan a continuación:

  • Para os nenos/as empadroados ou escolarizados en Santiso: Contía semanal de cinco euros semanais. A data de empadroamento ou escolarización deberá ter unha antigüidade mínima de dous meses.

  • Para os nenos/as de fóra do concello: Contía semanal de15 euros semanais.

A diferenza de importes considérase unha subvención de oficio do concello para os seus veciños e escolares.


O prazo de inscricións comezou o 1 de xuño e rematará ás 23:59:59 horas deste venres, 10 de xuño e a lista de persoas admitidas publicarase o16 deste mesmo mes.

Os interesados poden obter máis información das bases no seguinte enlace: https://santiso.gal/wp-content/uploads/2022/05/BASES.pdf

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page