Recorrerá as distintas parroquias ao longo do ano
Ecos da Comarca/Santiso
O Concello de Santiso conta cun novo servizo que poñerá a disposición dos veciños. Trátase dun colector de residuos no que se pode separar cada tipo deles. "Dada a importancia da separación en orixe, é unha oportunidade de separar e reciclar con pouco esforzo xa que o Punto Limpo Móbil chegara a tódalas parroquias do Concello ao longo do ano", sinala o Concello
Esta iniciativa leva consigo unha campaña de información e sensibilización, na que se fará fincapé na importancia da separación e reciclaxe: con charlas sobre a posta en marcha do servizo e con material informativo para dar a coñecer o funcionamento do servizo
"A maiores, contamos cun camión para o traslado do colector de reciclaxe co que puntualmente podemos facer recollida dos residuos que non teñan cabida no colector", apunta o Concello.

Comments