Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O Concello de Santiso organiza un campamento de verán que será do 5 de xullo ao 6 de agosto

Está dirixido a nenos de entre tres e 14 anos


Laura Moure/Santiso

O Concello de Santiso organiza un campamento urbano para este verán. Está dirixido aos menores de idades comprendidas entre os tres e 14 anos (deben ter ese tramo de idade durante a realización da actividade). O horario será de mañá de 10:30 a 13:30 horas e haberá tres quendas: terá unha única que será desde o 5 de xullo ao 6 de agosto de 2021 (cinco semanas en total).

Criterios para a adscricón de praza:

No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, os criterios de adscrición de praza serán os seguintes:

  1. Os casos de emerxencia social do concello de Santiso, que estarán exentos de pago presentando o correspondente informe do Servizos Sociais do Concello.

  2. Os/as nenos/as empadroados no concello de Santiso.

  3. Os escolarizados no CEIP de Arcediago.

  4. O resto de solicitudes. En todos os casos terase en conta a orde de rexistro de entrada no Concello de Santiso.

A contía do prezo público regulado está fixada na ordenanza e serán as tarifas que se citan a continuación:

  • Para os nenos/as empadroados ou escolarizados en Santiso: Contía semanal: cinco euros semanais. A data de empadroamento ou escolarización deberá ter unha antigüidade mínima de dous meses.

  • Para os nenos/as de fóra do concello: Contía semanal: 15 euros semanais.

  • A diferenza de importes considérase unha subvención de oficio do cConcello para os seus veciños e escolares.

O prazo de inscricións xa está aberto e remata ás 23:59:59 horas do día 15 de xuño, a lista de persoas admitidas publicarase o 17 de xuño e o prazo para o pagamento de taxas será do 18 ata o 23 de xuño.


Os interesados poden obter máis información nas bases que se poden consultar neste enlace así como saber que documentación deben presentar:


https://santiso.gal/wp-content/uploads/2021/05/bases-campamento-veran-2021-.pdf

153 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE