top of page

O Concello de Santiso denuncia ante o Sergas a "deficiente" atención médica que padece

Anima á veciñanza a poñer reclamacións no servizo de atención ao paciente que hai en cada un dos centros de saúde cada vez que o estime oportuno


Laura Moure/Santiso

O Concello de Santiso denunciou perante o Sergas a "deficiente" atención médica que está recibindo e anima á veciñanza a poñer reclamaciós para que unha vez por todas se solucione esta situación que están sufrindo dende hai tempo.

Centro de saúde de Santiso. Autor: Ecos da Comarca.

"Levamos ano e medio que a atención médica nos centros de saúde de Santiso é deficiente. A falta frecuente de servizo médico desantende as necesidades básicas de saúde dos veciños que precisan atención primaria. Neste tempo o médico de familia ou non vén aos centros ou se o fai redúcese a unhas poucas horas. Este servizo limitado provoca que moitos pacientes sexan derivados ao Punto de Atención Continuada de Melide e a a Urxencias de Santiago ou ben deixar de ser atendidos", explica o Concello. "Por isto que solicitamos a esta Xerencia unha solución que corrixa a deficiencia o antes posible que evite a aumentar os riscos de saúde que esta situación conleva de estenderese por máis tempo".

E insiste no "atropelo que sufrimos ante a falta frecuente do servizo médico. A unión fai a forza! Polo tanto para que os veciños teñamos un servizo médico digno, dende o Concello, animámosvos a poñer reclamacións no servizo de atención ao paciente que hai en cada un dos centros de saúde, cada vez que estimemos que o servizo non é eficiente. Facédeo por vós, e polo resto dos veciños".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page