O prazo xa arrancou este mércores, día 14, e finalizará o 21 de abril
Laura Moure/Santiso
A axencia de lectura municipal de Santiso convoca un Concurso virtual de marcapáxinas. O obxecto deste é o fomento da lectura e promoción da biblioteca no mes no que se celebra o día do libro. Está dirixido aos nenos e nenas do concello (entre tres e 12 anos) que farán chegar ás súas creacións co nome e teléfono de contacto ao Departamento de Cultura a través das canles de avisos de WhatsApp ou a través do correo electrónico teresa.mato@santiso.gal .
"Haberá flexibilidade á hora de elexir o tema, sempre que garde relación coa lectura e poderase empregar a técnica que se prefira, tendo en conta a imaxinación e o traballo feito a man", indica o Concello. O prazo de envío das imaxes dos marcapáxinas fíxase entre o día 14 e o 21 de abril.
As obras publicaranse na rede social do Facebook do Concello e o marcapáxinas que máis «gústame» teña a día 29 de abril será o gañador dun pack de libros.
O Consistorio de Santiso.
Autor: Ecos da Comarca.
Comments