O Concello de Santiso acolle o 3 de xuño o II Seminario Intensivo de Defensa Persoal Femenina
- ecosdacomarca

- 10 may 2023
- 1 Min. de lectura
O prazo para inscribirse será 16 ao 31 de maio
Ecos da Comarca/Santiso
A área de Deportes da Deputación da Coruña organiza o II Seminario Intensivo de Defensa Persoal Femenina en oito concellos da provincia, entre eles en Santiso o 3 de xuño.
Os ditos seminarios van dirixidos a mulleres de idades comprendidas entre os 14 e 70 anos empadroadas en calquera dos concellos da provincia da Coruña.
Terán un mínimo de 20 e un máximo de 70 participantes, cunha duración de catro horas e serán gratuítos para ás asistentes.
O prazo de inscrición será do 16 ao 31 de maio. Os interesados poden obter información e anotarse a través do seguinte teléfono 981 818 501.
As datas no seguinte cartel:








Comentarios