Laura Moure/Santiso
O Concello de Santiso informa que este domingo abrirá o que se coñece como "circuíto permanente de trail", que está moi preto da área recreativa da Cornella.
Trátase dunha carballeira propiedade do Concello, que levaba abandonada desde facía máis de 20 anos. "Levamos a cabo tarefas de limpeza e transformámola nun espazo aberto onde poder relaxarse en tempos de pandemia", explica o concelleiro Pablo Balboa. Tras a boa acollida dos veciños e dun equipo de trail aventura que practica este deporte, o Concello con medios propios, todos eles manuais e con ningunha inversión económica, creou este pequeno circuíto para a practica de senderismo, trail, bicicleta de montaña...
O circuíto de trail de Santiso.
Comments