top of page

O Concello de Rodeiro repartirá 775 euros en premios no seu II Concurso de Decoración de Nadal

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O prazo de admisión remata o día 20 de decembro


Laura Moure/Rodeiro

Por segundo ano, o Concello de Rodeiro, a través da participación cidadá, e co motivo de manter o espírito do Nadal, de crear un ambiente festivo, de contar coa participación da cidadanía e, así, de favorecer as compras en todo o termo municipal, presenta o II Concurso de Decoración do Nadal Rodeiro é ilusión dirixido a todos os negocios, comunidades de montes, asociacións, comercios, empresas locais e familias que forman o noso Municipio.


O obxectivo é intentar que os lugares deste municipio se impregnen do espírito de Nadal coa colaboración de todos, cos seguintes fins:

  • Dinamizar a participación activa dos-as cidadáns do Concello de Rodeiro (Pontevedra).

  • Colaborar e infundir un ambiente de Nadal decorativo baseado en valores como o traballo en común, a fraternidade ou a cooperación.

  • Contribuír ao aforro económico en torno a materiais de decoración do Nadal e dispoñer de elementos decorativos que aporten á localidade un entorno de Nadal acolledor e ilusiónante.

  • Fomentar o uso de materiais reciclables como recurso educativo á cidadanía a través da transformación do espazo.

  • Sensibilizar do problema dos residuos e da importancia do reciclaxe.

Establécense tres categorías de participantes:

a) Familiar\Individual.

Poderán participar neste concurso todas aquelas persoas maiores de idade con residencia no municipio de Rodeiro (Pontevedra) que realicen a decoración da fachada, balcóns ou outra zona exterior da súa vivenda.


b) Empresas, comercio e hostalería

Poderán participar os establecementos e empresas do concello que teñan escaparate ou fachada visible dende a vía pública e aqueles que ofrezan outro tipo de servizos como bares, restaurantes, cafeterías, asesorías, inmobiliarias, hoteis, pensións, estudios etc que dispoñan dun balcón, xanela, porta, fachada…


Os participantes responsabilizaranse do adecuado cumprimento destas bases e da realización dos trámites, permisos, medidas preventivas o de calquera índole que puideran ser precisas para a súa participación no concurso, eximindo ao Concello de Rodeirode calquera responsabilidade polo seu incumprimento ou omisión.


Todos os negocios que queiran participar deben estar abertos ao público. Os interesados en participar deberán inscribirse a través do correo electrónico biblioteca@rodeiro.gal, ou persoalmente na biblioteca.


c) Decoración de espazos públicos.

Poderán participar, empresas que acrediten a súa vinculación con Rodeiro, as asociación e/ ou  agrupacións veciñais legalmente establecidas que decoren  unha praza/ lugar/… da parroquia na que estean establecidas a excepción do casco urbano de Rodeiro.


Para o casco urbano de Rodeiro detállanse a continuación os condicionantes.

Limítanse os espazos a ser decorados a 5:

  • Palco da música.

  • Praza de Oseira ( a zona a decorar será a delimitada)

  • Fonte do Concello ( a zona a decorar será a delimitada)

  • Muiño do parque

  • Parque do lago ( a zona a decorar será a delimitada)

Pola singularidade destes espazos, entregarase unha axuda por importe máximo de 350,00 € para colaborar na súa decoración previa xustificación e supervisión do gasto executado.


Para poder decorar calquera destes espazos hai que solicitalo previamente no correo biblioteca@rodeiro.gal e adxuntar un documento co que se pretende executar. Adxudicarase o espazo por orde de inscrición podendo ser excluída calquera proposta por non se axustar aos criterios e bases deste concurso. Na proposta poderá aparecer o nome dos patrocinadores a modo publicitario.



O Organismo encargado da valoración do concurso será o Excelentísimo Concello de Rodeiro a través do Departamento de Cultura onde se dirixirán aquelas posibles incidencias, comunicados, etc que se produzan durante a celebración de dito concurso a través do correo electrónico xuliadacal@rodeiro.gal


Materiais empregados

Os materiais empregados para a decoración deberán ser na súa meirande parte material reciclado, así como materiais provenientes da natureza ou outro medio natural sempre que non se prexudique ou dane o medio ambiente. Os participantes disporán de liberdade no estilo e técnica empregada na decoración da vivenda, negocio e espazo público. Os elementos decorativos que se empreguen non poderán causar ningún perigo nin prexuízo para as persoas e os bens e basearanse na reciclaxe, a ecoloxía e a creatividade.


A decoración deberá permanecer exposta dende o día de solicitude ata o 7 de xaneiro de 2024, e contar as condicións precisas de conservación, coidado e seguridade durante todo o período de exposición. As persoas participantes realizarán unha fotografía do decorado. As fotografías deben ser en formato dixital e poderán ser en cor ou en branco e negro. As fotografías xunto coa inscrición cuberta deberán ser enviadas vía correo electrónico co asunto “concurso decoración de nadal”, á dirección xuliadacal@rodeiro.gal.  Os participantes que non cumpran este requisito poderán ser excluídos. No correo deberase indicar a categoría a que se presenta, os datos persoais e a dirección ou espazo a decorar.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Asemade, todas as fotografías das decoracións que se envíen deben contar con:

a) Título da fotografía relacionado coa temática. O título da fotografía debe ser unha mensaxe non ofensiva.

b) Nome e apelidos da persoa que a envía e no caso de negocio tamén o nome do mesmo.

c) Número de teléfono de contacto.

d) Enderezo e localización das vivendas para o acto de comprobación.

e) N.I (fotografía ou fotocopia) ou C.I.F. da entidade.


O prazo de admisión remata o día 20 de decembro.

Prazos

  • Prazo para envío das fotos: desde o 3 de hasta o 20 de decembro.

  • Prazo de exposición do traballo: ata o 07 de xaneiro de 2024.

  • Prazo para a valoración: do 10 de decembro ao 3 de xaneiro.

  • Prazo de resolución de premios: 4 de xaneiro.

  • Prazo de entrega de premios nas datas que se estableza a festa de Reis.


Premios

Os premios divídense por categoría da seguinte forma:

1º Categoría

  • 1º Premio: 150,00 €

  • 2º Premio: 100,00 €

  • 3º Premio: 75,00 €

2º Categoría

  • 1º Premio: 200,00 €

  • 2º Premio: 150,00 €

  • 3º Premio: 100,00 €

3º Categoría

  • 1º Premio: Diploma

  • 2º Premio: Diploma

  • 3º Premio: Diploma


Os premiados serán entregados o día de Reis na carpa municipal . Os premiados recibirán o día do acto un diploma do Concello de Rodeiro acreditativo do premio. Os premios liberaranse a través dun vale para gastar no comercio, hostalería ou empresas de servicios de Rodeiro. A data de entrega dos premios do concurso comunicarase aos interesados e publicarase na web do Concello. (sede electrónica, páxina de Facebook, etc).

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page