top of page

O Concello de Rodeiro organiza unha excursión a Guimaraes e Braga para o día 17 deste mes

Vai dirixida aos veciños empadroados no municipio que ostenten a condición de pensionistas ou perceptores de prestacións sociais públicas e poden inscribirse ata o 15


Laura Moure/Rodeiro

O Concello de Rodeiro ten previsto realizar o 17 de marzo unha xornada turística para os veciños pensionistas empadroados no municipio, que consiste nunha excursión con destino Guimaraes e Braga.

Poderán inscribirse os veciños empadroados no Concello que ostenten a condición de pensionistas ou perceptores de prestacións sociais públicas. Cada inscrito poderá ir acompañado como máximo doutra persoa empadroada, aínda que non ostente a condición de pensionista.


A saída será ás 7:30 horas dende a Praza do Concello e a volta está prevista para as 23:30 horas. A actividade inclúe desprazamento de ida e volta en autocar, seguro de viaxe, visitas turísticas e xantar en restaurante. Establécese un copagamento por importe de 15 euros por inscrito.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

A inscrición realizarase no Centro Cultural Municipal Manuel Lamazares ou no teléfono 986 79 03 01, con data límite do 15 de marzo.





Komentar


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page