top of page

O Concello de Rodeiro levanta reparos para o pago de facturas por algo máis de 48.000 euros

Ecos da Comarca/Rodeiro

No concello de Rodeiro, tal e como informa o goberno local, constan numerosas facturas pendentes de pago. "Unha parte delas, recoñecéronse no último pleno ordinario e, con este documento elaborado polo responsable de Economía e asinado polo señor alcalde, pretendemos levantar o reparo suspensivo a outras cinco empresas. Nestas inclúense a elaboración de proxectos, reparos de pistas por unha construtora local, zahorra e o transporte da mesma e tres facturas dunha empresa que ofrece servizo se axuda no fogar".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

"É tan precaria a situación económica do concello de Rodeiro que o departamento de Economía liderado por Alberte Lamazares ten que estar continuamente revisando cada factura que quedou nos caixóns municipais coa finalidade de buscar os recursos económicos para poder pagar. Neste caso, falamos do reparo suspensivo feito por Intervención o pasado 7 de novembro do 2023 no que se considera que se excedeu no límite económico de contrato menor de servizos unha vez que o goberno municipal superou a cantidade de 15.000 euros na contratación de servizos na modalidade contrato menor".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A pesar do manifestado, este goberno é consciente de que eses traballos foron realizados polo que, independentemente de que "o goberno non se axustou a legalidade, debemos pagar a estas empresas polos servizos prestados". A cuantía total que consta neste expediente é de 48.124,95 euros.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page