Ecos da Comarca/Rodeiro

Debido aos danos causados pola DANA, o Concello de Rodeiro é consciente de que a Comunidade de Valencia necesítanos, e dende esta administración local, a través da concellería de Servizos Sociais, póñense en marcha para recoller produtos necesarios para enviar aos afectados.
Publicidade
Así as persoas que queiran donar (auga, leite, latas de conserva, artigos de hixiene persoal, de limpeza, cueiros...) poden despositalos na Casa Consitorial deste municipio de luns a venres en horario de 8:00 a 14:00 horas. "Moitas grazas pola colaboración", sinala o Concello.
Comentários