top of page

O Concello de Rodeiro impulsa clases de español e galego para crianzas inmigrantes

Ecos da Comarca/Rodeiro

O tenente de alcalde e responsable da área de Educación de Rodeiro, Alberte Lamazares, informa que dende o servizo municipal de educación e apoio familiar impulsan clases de español e galego para crianzas inmigrantes que chegaron xunto coas súas familias nos últimos meses a Rodeiro.

Foto de arquivo dunha aula.
Foto de arquivo dunha aula.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Con este proxecto que se desenvolverá durante o período de vacacións escolares de verán tentamos dar continuidade á inmersión lingüística que se leva a cabo dende o centro educativo, reforzando a mesma agora que remataron as clases lectivas. O coñecemento da lingua é un piar fundamental para a integración na sociedade e para lograr os obxectivos académicos", recalca.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As clases estanse a desenvolver na biblioteca municipal 2 días á semana e cóntase coa colaboración de outros menores inmigrantes que xa dominan tanto castelán coma galego e están totalmente integrados na comunidade para axudar ás educadoras nas dinámicas propostas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page