Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O Concello de Rodeiro estuda os proxectos dos eólicos para presentar posibles alegacións

Levaranas a cabo contra aqueles que prexudiquen os intereses agrogandeiros, económicos e ambientais da veciñanza


Laura Moure/Rodeiro

O equipo de goberno de Rodeiro, tras semanas de traballo, celebra reunións de despacho e a pé de campo cos técnicos municipais e cunha consultoría externa, tal e como indica. Pretende delimitar con exactitude o emprazamento das tarabelas para amosar a súa oposición coas que considere prexudiciais e para colaborar coas alegacións dos veciños. "Agora mesmo, dado que o Concello está a funcionar moi ben, é a nosa gran preocupación, porque queremos que Rodeiro siga sendo Rodeiro", sinala o alcalde, Rubén Quintá.


O Concello de Rodeiro estudou ao longo desta semana todos os proxectos de parques eólicos que se atopan en tramitación e que afectan ao municipio co obxectivo de presentar alegacións e amosar o seu absoluto rexeitamento contra todos aqueles que prexudiquen os intereses agrogandeiros, económicos e ambientais da veciñanza.


O goberno durante unha reunión.

Tras varias semanas de traballo, coa habilitación dunha oficina de asesoramento veciñal e a próxima conformación dunha comisión de seguimento, o goberno local centrouse nestes días na celebración de diversas reunións, tanto de despacho como a pé de campo, cos técnicos municipais e cunha consultoría externa, que foi contratada en base á súa recoñecida experiencia na materia e coñecemento da problemática actual para dar apoio na presentación de alegacións, tal e como incide o equipo de goberno.


"Deste xeito, estase a delimitar con exactitude o emprazamento das tarabelas para alegar e amosar a oposición contra todas aquelas que sexan prexudiciais para os intereses xerais do Concello e tamén dos veciños, aos que se lles prestará colaboración e asesoramento técnico para a formulación das súas alegacións e a consecución da mellor solución para a problemática dos proxectos eólicos. O traballo minucioso e o estudo interno que fixemos ao longo destas semanas vese agora enriquecido e complementado polos coñecementos desta consultoría, que tamén está a facer esta labor noutros concellos da contorna", indica o mandatario, que engadiu que todo este proceso "é fundamental para dar saída axeitada ás alegacións propostas polos veciños e para que se teñan en conta as súas reivindicacións".


O rexedor, que agradeceu a comprensión, agradecemento e colaboración dos veciños de Rodeiro neste complexo asunto, quixo deixar claro que o Concello "mantivo, mantén e manterá de xeito invariable a súa postura de defender os intereses dos cidadáns sempre, e máis neste asunto, por riba de calquera cuestión. Xa saben, porque así llo demostramos, que poden contar con nós e por iso estamos facendo un traballo firme, serio e rigoroso para que non se desenvolva ningún parque que prexudique nin un chisco os intereses agrogandeiros e medioambientais de ningún veciño do noso concello", aseva o alcalde.


Ademais, incide en que "o Concello está a funcionar moi ben, cunha axeitada atención cidadá, coa consecución de investimentos importantes e cos servizos públicos cun óptimo funcionamento, polo que agora a nosa gran preocupación, aparte por suposto da pandemia, son os parques eólicos, porque xa dixemos que a nosa postura está lonxe do 'non polo non', pero non imos consentir en ningún caso un só proxecto que afecte o máis mínimo ao noso xeito de vivir porque queremos que Rodeiro siga sendo Rodeiro".

20 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE