top of page

O Concello de Rodeiro convoca un concurso de fotografía para conmemorar o Día da Muller Rural

Está dirixido ás veciñas do municipio e consiste na recreación dunha imaxe antiga/ Repartirá 225 euros en premios


Laura Moure/Rodeiro

O día 15 de outubro celébrase o Día da Muller Rural polo que dende a Concellería de Cultura e a Concellería de Igualdade de Rodeiro lanza un concurso de fotografía aberto a todas as veciñas deste municipio. Coñecezarse as gañadores o 15 de outubro ás 12:00 horas no Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares”.

Temática: Consiste na recreación dunha fotografía antiga. "É necesario escoller unha foto antiga, anterior ao ano 2003, onde saias ti mesma ou unha familiar e sácaste outra representándoa no mesmo lugar e a mesma escea. Poderán participar mulleres de calquera idade, de forma individual ou en grupo. Non se admitirán fotomontaxes", sinala a organización.

Obxectivo do concurso: A súa finalidade é por en valor e recordar a importancia do papel da muller no pasado e no presente do mundo rural, resaltando en imaxes o inmenso traballo que realizaron ao longo dos anos. Polo tanto, valorarase a orixinalidade da recreación e a vinculación co medio rural cambote, tanto da idea, como das persoas que aparecen nas fotografías.


Formato: Cada participante poderá presentar unha soa recreación, que deberá ter un título. Entregarase a orixinal e a recreación. A participación no concurso leva implícito a aceptación das condicións do mesmo e a exposición ao público das fotografías presentadas.

Publicidade

Premios:

  • Premios para a máis votada: 100 euros.

  • Premio para a segunda máis votada 75 euros.

  • Premio para a terceira máis votada 50 euros.

Ás premiadas entregaráselles un vale polo valor do premio para gastar no comercio local.

Publicidade

Exposición e elección das fotografías gañadoras: A eleccións das mellores farase mediante votación a través dun formulario na páxina web oficial do concello. As mellores proxectaranse nun espazo público e aberto, na web municipal e imprimiranse para a súa exposición itinerante. O día 15 de outubro ás 12:00 horas daranse a coñecer as fotografías premiadas nun acto público no Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares”.

Prazo e lugar de entrega: Poderase entregar fotografías ata o día 12 ás 23:59 horas no correo electrónico biblioteca@rodeiro.gal ou no Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” Poderase votar os días 13 e 14 de outubro.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page