Haberá tres categorías e repartirá un total de 1.350 euros en premios
Laura Moure/Rodeiro
Por primeiro ano, o Concello de Rodeiro, a través da participación cidadá, e co motivo de
manter o espírito do Nadal, de crear un ambiente festivo, de contar coa participación da cidadaníae, así, se favorecer as compras en todo o termo municipal convoca o Concurso de Decoración do Nadal “Rodeiro é ilusión” dirixido a todos os negocios, comunidades de montes, asociacións, comercios, empresas locais e familias que forman o noso municipio.
O obxectivo é intentar que os lugares do concello se impregnen do espírito de Nadal coa
colaboración de todos, cos seguintes fins:
• Dinamizar a participación activa dos/as cidadáns do Concello.
• Colaborar e infundir un ambiente de Nadal decorativo baseado en valores como o
traballo en común, a fraternidade ou a cooperación.
• Contribuír ao aforro económico en torno a materiais de decoración do Nadal e dispoñer
de elementos decorativos que aporten á localidade un entorno de Nadal acolledor e
ilusiónante.
• Fomentar o uso de materiais reciclables como recurso educativo á cidadanía a través da
transformación do espazo.
• Sensibilizar do problema dos residuos e da importancia do reciclaxe.
Tres categorías
Establécense tres categorías de participantes:
a) Familiar\Individual.
Poderán participar neste concurso todas aquelas persoas maiores de idade con residencia no municipio de Rodeiro que realicen a decoración da fachada, balcóns ou outra zona exterior da súa vivenda.
b) Empresas, comercio e hostalería
Poderán participar os establecementos e empresas do concello que teñan escaparate ou
fachada visible dende a vía pública e aqueles que ofrezan outro tipo de servizos como bares, restaurantes, cafeterías, asesorías, inmobiliarias, hoteis, pensións, estudios, etc., que dispoñan dun balcón, xanela, porta, fachada, ou calquera elemento exterior visible.
Os participantes responsabilizaranse do adecuado cumprimento destas bases e da realización dos trámites, permisos, medidas preventivas o de calquera índole que puideran ser precisas para a súa participación no concurso, eximindo ao Concello de calquera responsabilidade polo seu incumprimento ou omisión. Todos os negocios que queiran participar deben estar abertos ao público e en posesión dos permisos administrativos correspondentes.
Publicidade
Para as modalidades individual/familiar e empresas, comercio e hostalaría non se require
inscrición previa para a súa participación no concurso.
c) Decoración de espazos públicos.
Poderán participar as empresas locais e as asociacións e/ou agrupacións veciñais legalmente establecidas con sede en Rodeiro, que decoren unha praza ou espazo público do lugar e parroquia na que estean establecidas, agás o casco urbano do lugar de Rodeiro. No casco urbano de Rodeiro os espazos públicos dispoñibles para a súa decoración serán unicamente os seguintes:
Palco da música.
Praza de Oseira (a zona a decorar será a delimitada)
Praza do Concello (a zona a decorar será a delimitada)
Muíño do parque do río Rodeiro
Parque do río Rodeiro (a zona a decorar será a delimitada)
Pola singularidade destes espazos, o Concello poderá subvencionar o custe dos materiais e elementos que se instalen, previa xustificación, ata unha cantidade máxima de 200 euros, no suposto unicamente de asociacións ou entidades sen ánimo de lucro.
Para poder decorar calquera dos espazos de titularidade municipal hai que solicitalo previamente no Concello a través do Rexistro municipal da Casa do Concello ou na sede
electrónica municipal, achegando á solicitude un documento coa proposta que se pretende executar. Adxudicaranse os espazos por orde de inscrición, podendo ser excluída calquera proposta por non se axustar aos criterios e bases deste concurso.
Nas propostas decorativas admitidas poderán aparecer o nome dos patrocinadores a modo publicitario. No suposto de empresas, asociacións ou entidades que non carezan de ánimo de lucro, participarán asemade no concurso e poderán ser premiadas unicamente co diploma acreditativo, sen poder optar aos premios en metálico en forma de vales.
Excepcionalmente, o Concello poderá autorizar a participación nesta modalidade de empresas ou asociacións radicadas en concellos lindeiros que pola súa vinculación con Rodeiro, pola valía da proposta ofertada ou por outras circunstancias de interese público así o aconsellen.
O Organismo encargado da valoración do concurso será o Concello de Rodeiro a través da Concellería de Cultura, onde se dirixirán aquelas posibles incidencias, comunicados, etc que se produzan durante a celebración de dito concurso a través do correo electrónico
xuliadacal@rodeiro.gal.
Materias empregados
Os materiais empregados para a decoración deberán ser na súa meirande parte material
reciclado, así como materiais provenientes da natureza ou outro medio natural sempre que non se prexudique ou dane o medio ambiente.
Os participantes disporán de liberdade no estilo e técnica empregada na decoración da
vivienda, negocio e espazo público. Os elementos decorativos que se empreguen non poderán causar ningún perigo nin prexuízo para as persoas e os bens e basearanse na reciclaxe, a ecoloxía e a creatividade.
Publicidade
A montaxe e desmontaxe dos elementos decorativos realizarase por cada un dos participantes. A decoración presentada non poderá ser modificada, deberá ser visible dende a vía pública e non causar molestia aos veciños ou transeúntes nin obstruír o tráfico de vehículos ou persoas.
A decoración deberá ter relación co Nadal e os motivos tradicionais do mesmo, tendo os
participantes plena liberdade en canto á técnica e estilo decorativo, quedando totalmente
prohibida a utilización de velas, fachos, pirotecnia ou calquera outro elemento que puidera
resultar perigoso.
A decoración deberá permanecer exposta como mínimo entre os días 20 de decembro do
corrente e 7 de xaneiro de 2024, e contar as condicións precisas de conservación, coidado e seguridade durante todo o período de exposición.
As persoas ou entidades participantes nas categorías a) e b) realizarán fotografías do
decorado. As fotografías deben ser en formato dixital e poderán ser en cor ou en branco e negro. As fotografías deberán ser enviadas vía correo electrónico co asunto “concurso decoración de nadal”, á dirección xuliadacal@rodeiro.gal. Os participantes que non cumpran este requisito serán excluídos. No correo deberase indicar a categoría a que se presenta, os datos persoais e a dirección ou espazo a decorar.
Asemade, todas as fotografías das decoracións que se envíen deben contar con:
a) Título da fotografía relacionado coa temática. O título da fotografía debe ser unha
mensaxe non ofensiva.
b) Nome e apelidos da persoa que a envía e no caso de negocio/empresa/asociación
tamén a denominación social da mesma.
c) Número de teléfono de contacto.
d) Enderezo e localización dos emprazamentos para o acto de comprobación.
O prazo de admisión das fotografías rematará o día 23 de decembro.
A decoración deberá ser retirada polos participantes deixando a vía pública en perfecto
estado de acondicionamento, limpeza e ornato.
Prazos
• Prazo para envío das fotografías: ata o día 23 de decembro de 2023.
• Prazo de exposición da decoración: ata o día 7 de xaneiro de 2024.
• Prazo para a valoración: Do día 1 ao día 3 de xaneiro de 2024.
• Prazo de resolución de premios: 4 de xaneiro de 2024.
• Prazo de entrega de premios: na data que se estableza a festa de Reis.
Publicidade
Premios
Os premios divídense por categoría da seguinte forma:
1º Categoría
• 1º Premio: 200,00 €
• 2º Premio: 150,00 €
• 3º Premio: 100,00 €
2º Categoría
• 1º Premio: 200,00 €
• 2º Premio: 150,00 €
• 3º Premio: 100,00 €
3º Categoría
• 1º Premio: 200,00 €
• 2º Premio: 150,00 €
• 3º Premio: 100,00 €
Os premiados serán entregados o día de Reis na carpa municipal. Os premiados recibirán o día do acto un diploma do Concello acreditativo do premio. Os premios consistirán nun vale para gastar no comercio, hostalería ou empresas de servizos de Rodeiro.
A data de entrega dos premios do concurso comunicarase aos/ás interesados/as e
publicarase na web do Concello (sede electrónica, paxina de Facebook, etc).
댓글