top of page

"O Concello de Rodeiro converteu o punto limpio nun punto sucio a só metros do Camiño de Inverno"

"A imaxe é desoladora, con todo tipo de residuos, moitos deles altamente contaminantes, tirados por todas partes", sinala o candidato socialista á Alcaldía, José Luis Camiñas


Ecos da Comarca/Rodeiro

O PSOE de Rodeiro denuncia a situación do punto limpio do municipio, convertido "nun punto sucio pola deixadez do goberno local". José Luis Camiñas, candidato socialista á Alcaldía, visitou a zona e "comprobou que, malia que xa era coñecedor de que este punto non funcionaba debidamente, o que viu alí superou os peores augurios".

"A imaxe é desoladora, con todo tipo de residuos, moitos deles altamente contaminantes, tirados por todas partes, tanto dentro como fóra deste recinto, ao que xa non se lle pode chamar punto limpo". Camiñas fai fincapé no perigo que supón esta situación no caso de que se produza un incendio. Ademais, reflexiona: "As administracións están para dar exemplo. Se un recinto municipal e os seus arredores están así, como vai o goberno local esixirlle aos veciños que reciclen e non provoquen vertedoiros?".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Camiñas cree que o punto limpio precisa unha limpeza urxente, que ademais non ten que supoñer un gran custo para as arcas públicas. "Sempre se escudan nos investimentos. Aquí non hai que investir grandes cantidades. Hai que limpiar, adecentar a zona e vixiar para que isto non sexa un vertedoiro, é unha cuestión de se sensibilidade ambiental que está claro que o PP de Rodeiro non ten. O peor e que pode que esperen a que se produza un accidente, porque no entorno hai dende cristales a todo tipo de residuos para actuar". O PSOE lembra que Rodeiro leva con punto limpo dende o 2005 e que xa entón se investiron máis de 100.000 euros para poñelo en marcha, "uns cartos que á vista está que foron perdidos pola inoperancia do PP".


Camiñas indica que o punto limpo queda próximo á capital do Concello e dun dos puntos fortes do seu turismo: o Camiño de Inverno. "Se un peregrino se desvía só uns cen metros do Camiño a imaxe que vai levar de Rodeiro é a dun municipio sucio, cheo de lixo e sen concienciación medioambiental".


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page