top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Rodeiro concederá axudas de 1.000 euros aos 16 negocios de hostalaría do municipio

Proceden de fondos propios e o obxectivo é paliar os efectos da Covid-19 e colaborar coa reactivación


Laura Moure/Rodeiro

O goberno de Rodeiro destinará unha partida de 16.000 euros de fondos propios e

levará ao pleno do venres o convenio de adhesión á plataforma de pagos da

Xunta. “Buscamos que o pago sexa o máis áxil e que teña a menor burocracia para

axudar ao sector e por iso recurrimos á Xunta”, sinala o concelleiro de Turismo, Pablo Sobrado.


O Concello de Rodeiro vai conceder axudas individuais de 1.000 euros aos 16 negocios de hostalaría do municipio para paliar os efectos socioeconómicos derivados das necesarias restricións sanitarias fronte á Covid-19 e para colaborar coa súa reactivación.“Sempre fomos moi sensibles coa nosa hostalaría e, na actual situación de dificultade, máis aínda porque dalle moita vida a Rodeiro e precisámolos”, engade.



O goberno local que dirixe Rubén Quintá estivo a analizar a súa situación e acordou destinar unha partida de fondos propios, que ascende a 16.000 euros, para o sector da hostalaría e xa determinou que os beneficiarios serán os 15 que xa recibiron achegas dos Plans de Rescate da Xunta e outro establecemento que ten a solicitude pendente.


“Sempre fomos moi sensibles coa nosa hostalaría, con numerosas iniciativas ao longo destes anos para a súa dinamización, polo que, na actual situación de dificultade, imos estar máis aínda ao seu carón e non imos deixar a ninguén atrás”, detallou o concelleiro de Turismo, que recalcou a importancia deste sector para o municipio: “Os bares, restaurantes e cafeterías de Rodeiro teñen un nivel máis que acreditado, sosteñen a moitas familias, xeneran riqueza e emprego e danlle moita vida a esta terra, polo que os necesitamos e van sentir de preto a man do seu Concello”.


Autor: Ecos da Comarca

Ademais da contía e os beneficiarios, o executivo local tamén acordou sumarse á plataforma de pagos habilitada pola Xunta de Galicia para facilitar estas achegas, polo que levará unha proposta ao pleno do vindeiro venres, 30 de abril, para asinar un convenio de colaboración coa Vicepresidencia primeira e a Consellería de Emprego co obxecto de

que se encarguen da xestión destas compensacións económicas.


“Buscamos que o pago sexa o máis áxil posible e que os nosos hostaleiros poidan recibir canto antes estes cartos, que sabemos que os precisan agora e non dentro de seis meses, e tamén que a burocracia sexa a menor posible porque están identificados perfectamente, polo que recurrimos ao sistema da Xunta, que se revelou como moi eficiente, xa que pode

efectuar os pagos en poucas semanas”, sinalou Sobrado.


Finalmente, o concelleiro, que advertíu que se a xestión dos fondos fora municipal o proceso se prolongaría durante meses polos preceptivos trámites administrativos e legais, polo que quixo recalcar o “compromiso” do goberno local de Rodeiro coa hostalaría como principal sector afectado pola pandemia: “Sabemos que a Xunta está a aportar cantidades importantes, pero a elas queremos sumarnos dende o Concello, polo que imos ser dos poucos municipios que vai aportar cartos de fondos propios porque entendemos que o sector o precisa, que todas as axudas son necesarias e que a nosa obriga moral, como responsables deste Concello, é estar ao seu carón con feitos e non só con palabras”.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page