O Concello de Rodeiro asinará un convenio coa Xunta para reformar e ampliar a biblioteca municipal
- Laura Moure
- 19 jun 2021
- 1 Min. de lectura
O custo da actuación será de 47.000 euros
Laura Moure/Rodeiro
O Concello de Rodeiro asinará un convenio coa Xunta para reformar e ampliar a biblioteca municipal. O custo da actuación será de 47.000 euros. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade aportará 40.000 e o Concello os 7.000 euros restantes.
"Seguimos traballando arreo para traer cartos para Rodeiro e continuar realizando melloras importantes neste caso con repercusión no eido educativo e cultural", apunta o mandatario de Camba, Rubén Quintá. "Ao igual que no caso do videomarcador do pavillón temos que facer unha modificación de crédito antes de adxudicar a obra", explica.

Comments