O Concello de Palas remata o Plan de Recuperación e Acondicionamento de viais agrícolas e forestais
- ecosdacomarca

- 23 jul
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei sinala que rematou "un ambicioso Plan de Recuperación e Acondicionamento de vías agrícolas e forestais na case totalidade das parroquias, onde se executaron preto de 230 quilómetros de viais sen asfaltar a gran maioría delas, pero que repercuten moi positivamente nas explotacións agrícolas e gandeiras da zona, así como, nos moitos propietarios forestais da zona que verán revalorizadas as súas explotacións e o mesmo tempo significará unha importante labor de prevención contra os incendios forestais".

PUBLICIDADE
Os traballos, apunta, valorados en máis de 250.000 euros, foron froito da colaboración entre a Consellería de Medio Rural e o Concello palense.
PUBLICIDADE
Neste sentido “non cabe máis que agradecer a Conselleira de Medio Rural o importante esforzo con Palas de Rei para intentar impulsar os sectores agropecuarios e forestal que tan importantes son no rural galego” destaca o alcalde, Pablo Taboada.








Comentarios