Ecos da Comarca/Palas de Rei
O Concello de Palas remata as Obras de reposición da cuberta e adquisición de equipamento para o Centro de Día e Residencial, froito dunha axuda do Consorcio Galego de Servizos Sociais da Xunta de Galicia por un importe de 34.000 euros.

Ademais, tal e como informa o Concello palense, tamén se mellorou o aislamento e a eficiencia enerxética do edificio que conta cunha superficie de máis de 1.000 metros cadrados.
Publicidade
Tamén se adquiriu un novo lavalouzas industrial e outro equipamento necesario para os 20 usuarios/as deste centro.
コメント