As gañadoras serán utilizadas pola administración local para felicitar o Nadal
Ecos da Comarca/Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei organiza un ano máis un concurso de postais no que poderán participar todos os nenos e nenas do CEIP de Palas de Rei. As postais gañadoras serán utilizadas polo Concello para felicitar as festas de Nadal.
Normas:
• Cada participante deberá entregar unha soa postal.
• Cada participante entregarán dous sobres, nun deles indicaranse os datos do/a participante (nome, apelidos e curso) e no outro sobre estará a postal. O sobre da postal levará por fóra un título que se corresponderá co que apareza no sobre dos datos.
• A data límite para entregar os dous sobres será o día 17de decembro de 2021.
• Os gañadores de cada categoría recibirán como premio un agasallo.
Categorías:
• Infantil
• 1.º e 2.º de Primaria
• 3.º e 4.º de Primaria
• 5.º e 6.º de Primaria
Comments