O Concello de Palas en colaboración con Rede Aberta achegará a fibra óptica aos núcleos rurais
- ecosdacomarca

- 27 may 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei colabora coa empresa Rede Aberta para achegar a fibra óptica ás parroquias do municipio, nunha aposta pola mellora das conexións de datos e acceso a internet na zona rural do municipio. Neste sentido, o alcalde, Pablo Taboada sinalou que o Concello colaborará facilitando pasos, canalizacións e apoios en postes de alumeados público, así como, na instalación de novos tendidos para achegar a fibra óptica á maioría de lugares do municipio.

A empresa Rede Aberta, que xa ten desplegada o servizo de red no casco urbano de Palas de Rei, comenzará este importante despriegue de xeito progresivo durante os vindeiros meses, agárdase rematar a instalación completa antes da vindeira primavera.
Neste caso, “A túa Xanela”, operadora que comercializa con Rede Aberta, anunciou que disporá de novas instalacións en Palas de Rei, e logo das diversas conversas mantidas co alcalde, Pablo Taboada, comenzarán os estudos para a construción en Palas de Rei dun centro de almacenamento de datos centralizado que dará servizo a toda a comunidade autónoma galega.







Comentarios