O Concello de Palas demanda á Deputación o arranxo do vial que une Palas por Marzá con Avieira
- Laura Moure
- 14 oct 2023
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei solicita, unha vez máis, o arranxo do vial que une esta localidade por Marzá coa parroquia de Avieira. O vial que se atopa en mal estado, foi obxecto de reclamacións noutras ocasións.
Publicidade
O alcalde palense, Pablo Taboada, solicítalle ao goberno bipartito da Deputación provincial, formado por PSOE e BNG, que atendan as numerosas demandas e reclamacións presentadas polos veciños/as afectados que fan uso do mesmo e procedan, con carácter de urxencia, a execución das obras de reparación do mesmo.
Publicidade
Nos últimos anos, son xa numerosas as continuas reclamacións de particulares afectados manifestando as súas queixas ante o lamentable estado que presenta e en determinadas ocasións presentando incluso alegacións ao Concello, como administración máis próxima, polos danos ocasionados nos seus vehículos.
Comentarios