Ecos da Comarca/Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei dispón da nova edición do calendario para 2022 que nos vindeiros días dará comenzo ó seu reparto, de máis de 3.000 unidades do mesmo, coa finalidade de que cada domicilio dispoña dun exemplar. No mesmo, este ano o Concello concede especial protagonismo a un dos reclamos turísticos do municipio máis destacados, como son as Torrentes de Mácara, e tamén recolle os principais teléfonos de interese de Palas de Rei.
Comments