Laura Moure/Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei dentro do ““Plan municipal de Obras de Pavimentación” ten programadas obras por máis dun millón de euros encadradas en diversos programas ou plans de mellora, neste caso o concello recibirá fondos procedentes do Fondo de Cooperación FCLR por importe de 288.000 euros procedentes da Xunta de Galicia; 330.000 euros procedentes do Plan Único da Deputación de Lugo; 103.000 euros correspondentes a Agader dentro do Plan Marco de Camiños e accesos a explotacións; 100.000 euros procedentes do PIR (Plan de Infraestructuras da Consellería de Medio Rural); 30.000 euros da Axencia Galega de Turismo de Galicia e 160.000 euros de fondos propios do Concello de Palas de Rei, coa finalidade de executar diversas obras consistentes na mellora do firme; na ampliación de accesos a diferentes núcleos e explotacións agropecuarias; pavimentacións e formigonados en diversas vías titularidade do concello de Palas de Rei e que afectan a totalidade das parroquias do municipio, coa previsión de dar comenzo a estas actuacións no vindeiro mes de maio e tendo un prazo de execución de 12 meses.
Entre outras obras, executaranse:
Pavimentacións na parroquia de Augasantas (A Cernada, Devesa e Bistolfe)
Accesos de Pidre a Ponte Mercé; de Ponte Mercé a Chorexe (fase II).
Accesos na Uceira; O Ferradal, Picaña e Xacel.
Formigonados en Moredo e Castro de Moredo.
Pavimentación de San Fiz a Hospital das Seixas.
Formigonados na Puxeda e Guitar
Pavimentacións en Ferreira, Filgueira e Vilar de Ulloa.
Formigonados en Saa.
Pavimentación en Carteire e Conguada
Asfaltados en Lestedo, Villaespesa e accesos na Arriba en Lestedo
Rexeneración de vías en Alba e Villareda
Publicidade
Aglomerados en Avieira, Marzá e Salaia.
Aglomerados en Berbetouros e Salgueiros
Mellora de accesos a explotacións en Cubelo e Mosteiro
Pavimentacións en Salaia, Vilacoba e Fontedaúde.
Pavimentación en Orosa, Mato e Santo Xusto
Formigonado nos núcleos de Coence, Carballal, Vilar de Remonde, Laia e Santaballa.
Pavimentacións en Gontá e San Miguel.
Mellora de vías forestais en Cabana, Pidre e Pambre.
Pavimentacións en Gontá de arriba; Vilar de Donas e San Xulian do Camiño.
Formigonados en Vila Xoán
Pavimentación en Chouso Vello.
Comments