O Concello de Palas de Rei ten aberto o prazo de inscrición do programa 'Madrugadores'
- ecosdacomarca
- 2 sept 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei ten aberto o prazo de inscrición para o programa “Madrugadores” nas dependencias municipais da Casa Consistorial de Palas de Rei para as familias con nenos/as escolarizados no colexio público da localidade.
Este servizo que pretende ampliar a conciliación da vida familiar e laborar para nais e pais traballadores, ten un custo de 10,48 euros ao mes e prestarase, por profesionais especializados, nas instalacións do CEIP de palense, dende as 8:00 horas ata o comenzo do horario escolar. Os cativos deberán traer o almorzo da casa.
Comments