top of page

O Concello de Palas de Rei manterá as bonificacións do IBI para explotacións asentadas no municipio

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Esta medida permitará a 270 granxas aforrar preto de 50.000 euros


Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei manterá as bonificacións do IBI para explotacións agrícolas e gandeiras asentadas no termo municipal de Palas de Rei. Con esta medida o Concello aforrará ás máis de 270 explotacións do municipio, preto de 50.000 euros.


O alcalde, Pablo Taboada, considera esta medida moi importante para o sector, nun momento no que os custes de producción están disparados e inflúen moi negativamente na economía dun sector fundamental para o municipio. O rexedor palense anunciou, que "dita medida manterase durante os anos 2022 e 2023 para intentar axudar as explotacións dentro do posible" .



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page