top of page

O Concello de Palas de Rei licita varias obras de aglomerado en distintos núcleos de poboación

Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei licita varias obras de aglomerado en varios núcleos de poboación, concretamente as actuacións terán lugar en: Santaballa- Campomaior, Coence, Curbián e Carballal, así como pavimentacións en Luxilde, A Hermida e a Lameira. O Concello, tamén sacará a licitación obras de aglomerado na Avieira e en dúas rúa do casco urbano.

O alcalde, Pablo Taboada, manifesta que “o Concello solicitará de novo a Deputación Provincial o arranxo e aglomerado da zona do Agro do Rolo ó ser esta unha vía provincial, así como, a reparación doutras en Marzá, Gontá, Santo Xusto, A Ulloa e o Coto...”. O rexedor destaca que “dende o Concello se está a facer un gran esforzo no mantemento das vías municipais" e solicita que dende a Deputación de Lugo se faga o mesmo e se acondicionen as da súa titulariedade nos lugares reseñados (Marzá, Alba, Gonta, Santo Xusto, A Ulloa, O Coto, San Miguel e Pidre)”.

Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Actuacións rematadas

Por outra banda, finalizou pavimentacións nos lugares de Pidre, A Ulloa, A Carreira, accesos ó Pazo de Chorexe e Fontecuberta. Estas obras son realizadas todas pola brigada municipal. Acabadas estas actuacións e segundo nforma o rexedor, iniciaranse novas pavimentacións nos lugares de Cebral, Cubelo, Lamelas, San Cibrao, as obras comenzarán durante esta semana e serán executadas durante o próximo mes coa brigada municipal.

1 Comment


judithtirigua
Jun 22, 2022

cuando tomarán en cuenta la via Palas de Reí- Filgueira que nunca limpian y ya no hay por donde andar... sin calzadas, todo monte y peligro para los que tenemos que ir a pie... ¿¿¿¿????

Like
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page