top of page

O Concello de Palas de Rei inicia unha nova campaña de recollida dos plásticos agrícolas

Ecos da Comarca/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei inicia unha nova campaña de recollida dos plásticos agrícolas polas parroquias do municipio palense e nas diferentes explotacións gandeiras. Dende o Concello, prégase a todos os usuarios deste servizo que dispoñan os plásticos en fardos e sen outro tipo de residuo engadido, o máis limpos posibles.

Aínda que os custes de reciclaxe deste residuo subiron considerablemente, dende o Concello manterase este servizo con carácter gratuito para todos gandeiros durante este ano 2023, "pero pregamos encarecidamente, se cumpran as condicións de recollida marcadas", recalca o goberno local.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

"Convén destacar, que este servizo é único e exclusivo para os veciños do municipio palense, polo que se prohíbe completamente, aportar plásticos agrícolas de explotacións doutros concellos, onde si están a cobrar por prestar este servizo", engade, polo tanto o Concello agradece a colaboración de todos.


Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page