O Concello de Palas de Rei e a igrexa parroquial lanzan unha campaña de recollida de alimentos
- Laura Moure

- 8 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Serán repartidos antes das festas de Nadal para as familias máis necesitadas
Laura Moure/Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei, en colaboración coa igrexa parroquial, pon en marcha como en anos anteriores, unha campaña de recollida de alimentos, denominada Operación quilo, para ser repartidos antes das festas de Nadal para as familias máis necesitadas.

A doazón de alimentos non perecedoiros (conservas, arroz, legumes, pasta, aceite, produtos de hixiene persoal, produtos de limpeza, etc…), poderán depositarse nas caixas de cartón que estarán colocadas nos seguintes lugares: igrexa parroquial de San Tirso e nos supermercados Día, Eroski, Mercarural, e Covirán.
O Concello agradece a participación.







Comentarios