O Concello de Palas de Rei creará un espazo multifuncional de carácter cultural
- ecosdacomarca

- 9 abr 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei

O Concello de Palas creará un espazo cultural con diferentes salas (biblioteca, aula multimedia e salas de estudo e/ou traballo). Será un espazo multifuncional que dará cabida as diferentes necesidades de persoas ou colectivos que precisen local funcional para a realización de diferentes tarefas.
Disporá de conectividade con máxima velocidade e dará servizo a veciños de diferentes idades, tanto en horario de mañá como de tarde, ó fin, de complementar a oferta cultural de reunións diversas no municipio.
Dende o Concello estase a estudar a posible ubicación, sempre próxima ó centro da vila e que complemente así, os novos servizos do colexio, da ludoteca e da biblioteca.







Comentarios