O Concello de Palas de Rei conxelará durante o ano 2022 os prezos da maioría dos impostos municipais
- ecosdacomarca

- 31 dic 2021
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei conxelará durante o ano 2022 os prezos da maioría de taxas e impostos municipais. Con esta medida, según informa o alcade, Pablo Taboada, “preténdese rebaixar a carga impositiva sobre ós veciños/as e paliar, dentro das posibilidades do Concello, a suba xeralizada de varios bens de primeira necesidade”.
Esta medida fiscal, afectará fundamentalmente ó servizo de basuras, que manterá conxelada a súa taxa de recollida, manténdose entre as máis económicas da comunidade e o imposto de tracción mecánica, onde tamén se conxelarán os prezos un ano máis e manteranse as bonificacións ós vehículos máis eficientes e menos contaminantes, así como, ós máis de 1.200 tractores agrícolas.
Así mesmo, conservará, durante o ano 2022 e 2023, a mesma taxa de terrazas e a taxa pola utilización do punto limpo. "Con estas e outras medidas de carácter fiscal, estímase que signifiquen un aforro de máis de 270.000 euros para o conxunto dos veciños/as do municipio", subliña o Concello.







Comentarios