O Concello de Palas de Rei ampliará o horario do servizo de madrugadores
- ecosdacomarca

- 20 may
- 1 min de lectura
Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei ampliará o horario do servizo de madrugadores. Este servizo comenzará 30 minutos antes polas mañás se é demandado polos proxenitores, ó fin de conciliar o coidado dos máis novos coas obrigas laborais de nais e pais.
PUBLICIDADE
Neste sentido a concelleira de Servizos Sociais, Alba Villasante, e a responsable da prestación do servizo, Rocío García, reuníronse co alcalde de Palas, Pablo Taboada, para a ampliación do servizo que se vén prestando no Edificio Multiusos preto do Colexio de
Primaria con gran éxito para as familias que precisan conciliar coa vida laboral.
PUBLICIDADE
O rexedor palense, agradeceu o importante esforzó da Xunta de Galicia que colabora co 75 % do custe desta actividade básica hoxe en día na época escolar.








Comentarios