Este lugar recibe anualmente máis de 6.000 visitas, como indica o Concello
Laura Moure/Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei está acondicionando a ruta de sendeirismo das Torrentes de Mácara, onde se instalaron varandas de protección en varios puntos, así como levou a cabo a limpeza e consolidación das zonas en mal estado tralo paso do inverno. Os traballos foron executados pola brigada de obras do Concello e rematarán esta semana.
O lugar das Torrentes recibe anualmente máis de 6.000 visitas, tal e como sinala o Concello, porque o seu atractivo natural, paisaxístico e mediambiental convérteno nun destacado reclamo turístico da Ulloa e de Palas de Rei, en particular.
O Concello colocou varandas.
Comments