top of page

O Concello de Palas de Rei acometerá unha reforma integral da Casa de Cultura

Ecos da Comarca/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei acometerá unha reforma integral da Casa de Cultura onde diversos colectivos e asociacións desenvolven as súas actividades diarias e ademais conta cun auditorio cunha capacidade de 150 persoas sentadas que tamén será reformado para dar cabida a ampla oferta cultural da vila.

Segundo adianta o alcalde, Pablo Taboada, "agardamos ter rematado o proxecto nos próximos días, para empezar unha ronda de contactos coas diferentes administración ó fin de acadar a financiación precisa para o mesmo, que segundo as previsións superaría amplamente os 250.000 euros".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Neste senso, o rexedor palense agarda reunirse proximamente coa Consellería de Cultura e tamén buscará apoio na Deputación e no GDR.


As actuacións de reforma da Casa de Cultura centraranse na eficiencia enerxética do edificio coa reforma da súa fachada e a dotación dunha nova cuberta, así como, na reforma integral do Salón de Actos para dotalo dunha imaxe máis actual e funcional.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O rexedor palense prevé poder contratar os traballos este mesmo ano para telos executados durante o próximo ano e poder seguir así coa actividade diaria na instalación.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page