top of page

O Concello de Palas de Rei acada a distinción de municipio emprendedor por parte da Xunta e a Fegamp

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei vén de acadar a distinción de “Concello Emprendedor” que outorga a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Dito recoñecemento, tradúcese nun compromiso co achegamento ás empresas e cos/as emprendedores/as en Palas de Rei:

  • Máis simplificación administrativa: bonificacións de ata o 95 % no IBI, IAE e ICIO para aqueles proxectos que impliquen nova implantación ou ampliación de empresas xa existentes.

  • Máis facilidades de acceso a solo industrial: concesión das licenzas de obra maior nun prazo máximo de 30 días naturais desde que dispoñen de todos os informes.

  • Máis incentivos fiscais: bonificacións e incorporación do dereito de superficie para favorecer o acceso a solo empresarial no municipio.

A cambio, a Xunta de Galicia dará prioridade aos Concellos Emprendedores en ordes de axudas que se convocan en réxime de concorrencia competitiva para impulsar o emprego, o emprendemento, o comercio local ou proxectos relacionados coa Industria 4.0. En concreto, inclúe un criterio específico no que o baremo de puntuación supoña, polo menos, o 20 % do total.

O alcalde Palas coa distinción

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page