top of page

O Concello de Palas amplía a 90 prazas a capacidade dos obradoiros 'Xogando en Vacacións'

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Están dirixidos aos nenos de tres a 12 anos e comenzarán o 5 de xullo


Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei decide ampliar o número de prazas ofertadas nas actividades de verán para nenos e nenas de tres a 12 anos. "Logo de examinarse todas as posibilidades, en función dos parámetros sanitarios recollidos no protocolo fronte á Covid 19, estableceuse un incremento do espazo disponible e do número de aulas nas que terán lugar as diferentes actividades dos obradoiros o que permitiu incrementar a capacidade a 90 prazas dispoñibles (fronte as 50 inicialmente previstas)", indica o Concello. "Isto fai posible dar resposta a gran demanda de prazas derivada da presentación de solicitudes o que tamén motivou un esforzo económico adicional dos fondos propios do Concello de Palas de Rei", engade.


Estes obradoiros Xogando en Vacacións darán comezo o día 5 de xullo (e non o 1 de xullo, como inicialmente estaba previsto) ante a necesidade de reorganización interna dos mesmos. Terán lugar nos meses de xullo e agosto, serán de luns a venres laborais, de 9:00 a 14:00 horas e facilitaran a conciliación da vida familiar, laboral e persoal. "Posibilitando que as familias poidan facer fronte á época de vacacións estivais para os nenos e nenas, pero laboral para os proxenitores", incide o Concello.


Poden obter máis información no Concello de Palas de Rei.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page