O Concello de O Pino organiza tres xornadas gratuítas de promoción deportiva
- ecosdacomarca
- 18 may 2024
- 1 Min. de lectura
Serán 24 de maio e 7 e 14 de xuño e é necesario inscribirse previamente
Ecos da Comarca/O Pino
O Concello de O Pino organiza unhas xornadas de promoción deportiva para que as persoas interesadas poidan coñecer e probar as distintas modalidades que se prevén ofertar de cara ao curso 2024-2025.

O pavillón polideportivo de Lameiro acollerá ás diferentes disciplinas que se impartirán de
xeito totalmente gratuíto cunha oferta de 30 prazas por cada unha das actividades. Establécense tres xornadas de portas abertas. A primeira será o venres 24 de maio onde se poderá practicar HIIT (adestramento interválico de alta intensidade), ás 19:30 horas, e
pilates a partir das 20:45 horas.
Publicidade
Xa o 7 de xuño será a quenda, nos mesmos horarios, para a clase de hipopresivos e de
cardio boxing. O seguinte venres, 14 de xuño, as persoas asistentes poderán coñecer a
modalidade TRX (exercicios de resistencia total) e completar unha clase de step.
Publicidade
O inscrición farase a través da web www.acofide.es/concellodeopino, cubrindo o formulario para cada unha das disciplinas que se queira practicar. A inscrición pecharase
no momento de completar as prazas ou o día anterior a que se celebren as clases das seis
modalidades ofertadas.
Comments