Ecos da Comarca/Monterroso
O Concello de Monterroso en colaboración con técnicos de Augas de Galicia e da Consultora adxudicataria continúa a traballar no proxecto construtivo da mellora do saneamento e depuración do saneamento no municipio. Na reunión celebrada este xoves presidida pola alcaldesa, Rocío Seijas, e o tenente de alcaldesa e concelleiro de infraestruturas Eloy Pérez, abordáronse os problemas que se levan producindo dende hai moitos anos, o traballo de campo que xa se leva realizando e os pasos a seguir logo de analizar pormenorizadamente os puntos problemáticos da rede de saneamento e o funcionamento da estación de depuración de augas residuais.

O proxecto enmarcase dentro do compromiso da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, co equipo de goberno do concello de Monterroso no que xa foron consignados máis de tres millóns de euros nos orzamentos de 2022 ata o 2024 da Xunta de Galicia para este fin.
O equipo de goberno considera primordial mellorar a rede de saneamento, así como a depuración de augas para mellorar a calidade e o ecosistema do pobo e do río Ulla ao seu paso por Monterroso. Por iso, valoran moi positivamente este arduo traballo "para solventar unha problemática existente dende hai máis de quince anos no Concello no que a tratamento e depuración de augas".
Así mesmo destacan o seu compromiso pola mellora da rede no que xa executaron obras de mellora na estación de depuración de augas, bombeando os fangos ata a estación depuradora para aliviar a carga, mellorar a calidade da auga potable e aliviar o río Ulla.
Comments