O Concello de Monterroso rexenerará o firme das rúas Clemente Yebra e San Miguel
- ecosdacomarca
- 16 abr 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso

O Concello de Monterroso acometerá nas vindeiras datas a mellora das rúas do casco urbano Clemente Yebra e San Miguel, mediante a rexeneración do seu firme.
Publicidade
As obras pretenden dotar a estas dúas vías dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso e á súa función que evite a continua presenza de fochas que dificultan a circulación con seguridade.
Publicidade
A actuación, que será financiada con cargo ao Plan de Cooperación cos Concellos, conta cun orzamento de 17.463,97 euros e, unha se inicien os traballos, terá unha duración dun mes.
Comments