Isto aumentará a seguridade e farase cunha subvención da Xunta duns 27.000 euros
Laura Moure/Monterroso
O Concello de Monterroso levará cabo o repintado das marcas nas vías do polígono industrial. "Dada a importancia do ámbito empresarial no noso concello e a importancia que ten para o equipo de goberno a mellora do mesmo, nos próximos días vaise a proceder ao repintado de marcas nas vías así como mellorar a seguridade no polígono industrial ao abeiro da concesión dunha subvención da Xunta de Galicia encamiñada á habilitación e mellora das infraestruturas dos parques empresarias", apunta o Concello. A cuantía que se destinará será de 27.213 euros.
Así mesmo, sinala que fai máis de dous meses foi requerida a sociedade Xestión do Solo de Galicia S.A., (XESTUR) titular das parcelas para que procedese á limpeza de fincas do polígono empresarial "xa que o estado de abandono no que se atopan as parcelas nas que proliferan vexetacións, herbas e matorrais pode producir situacións prexudiciais para veciñ@s e empresas instaladas así como incendios innecesarios", recalca.
Comments