top of page

O Concello de Monterroso reparte material Covid para a hostalaría valorado en máis de 8.000 euros

Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso volve unha vez máis a repartir material fronte á Covid-19 á hostalería do concello. En total repartirá 33 lotes entre bares, restaurantes, pensións, hoteles, albergues e casas rurais valorados en máis de oito mil euros. Trátase dunha medida que xa leva implantando o Concello para axudar na medida do posible a sufragar custos que poden supoñer as medidas de protección fronte ao virus.


Os lotes valorados en máis de 250 euros cada un constan de 10 litros de xel hidroalcohólico, 12 dispensadores de xel, 15 litros de lixivia, tres botellas de desinfectante, 50 máscaras FPP2 e 200 máscaras quirúrxicas. A alcaldesa, Rocío Seijas, sinala que trátase de apoiar unha vez máis ao sector hostaleiro nestes momentos, un dos sectores máis castigados pola pandemia.

Subliña que mantén a súa implicación co sector sendo coñecedores que "con estas accións non están salvando a ninguén, pero o que si que queren é facer todo o posible para axudar a nosa hostalería, que se sinta apoiada polo seu Concello e que sepan que son conscientes do esforzo que están tendo que facer para sacar adiante os seus negocios".


Esta é a terceira ocasión na que fan un reparto masivo de material, incluso adiantándose antes de ser obrigatorios e entregando medidores de CO2 a este sector. Así a rexedora destaca que seguirán estando ao seu lado para intentar saír adiante cos seus negocios. Ademais sinala que os produtos son mercados en comercios do pobo co que se axuda non só a hostalería senón tamén comercio local.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page