top of page

O Concello de Monterroso remata as obras de mellora do camiño de acceso ao núcleo de Esporiz

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Monterroso

O Concello de Monterroso vén de rematar as obras de mellora do camiño de acceso ao núcleo de Esporiz. A actuación consistíu en dotar a ese camiño dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso e á súa función e que evitara a presenza de fochas que dificultaban a circulación con seguridade. A obra, que contou cun orzamentos de 16.015,69 euros, foi financiada con cargo ao Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Antes dos traballos de aglomerado, o Goberno local ocupouse xa da instalación da tubaxe de polietileno para o abastecemento de auga do núcleo de Esporiz, actuación que sufragou integramente o Concello de Monterroso.


O alcalde, Eloy Pérez, xunto cos dous concelleiros do equipo de Goberno, supervisaron o remate dos traballos.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page