O Concello de Monterroso remata as obras de mellora do camiño de acceso ao núcleo de Bidouredo
- Laura Moure
- 17 ago 2024
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Monterroso
O Concello de Monterroso remata as obras de mellora do camiño de acceso ao núcleo de Bidouredo. O obxecto do proxecto era dotar a ese camiño dunha capa de rodadura
adecuada ao seu uso e a súa función e que evitara a continua presenza de fochas que dificultaban a circulación con seguridade.

A actuación supuxo ademais a renovación do firme, así como a instalación de sinalización axeitada. Nos próximos días darán comenzo as obras de reparación da pista de Bidouredo a Rivadulla e tamén a instalación dos cruces para a tubaxe de subministro de auga aos lugares de San Lorenzo e Pedraza, obra previa ao aglomerado da vía.
Publicidade
Subvención da Xunta
A actuación contou cun presuposto de 24.500 euros, que financiou a Xunta nun 70% e o Goberno local nun 30%.
Publicidade
O alcalde, Eloy Pérez, visitou o remate das obras acompañado polo arquitecto municipal, Roque Álvarez Arosa. Alí puido falar cos operarios e comprobar o estado dos traballos, xa finalizados.
Comments