top of page

O Concello de Monterroso remata a mellora do camiño municipal no núcleo de Marzán

Ecos da Comarca/Monterroso

O Concello de Monterroso finaliza as obras de mellora do camiño municipal no núcleo de Marzán ante o mal estado que presentaba. O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, acompañado polos concelleiros do equipo de Goberno, comprobou o remate da actuación.

As obras dotaron ao camiño dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso e á súa función para evitar a continua presenza de fochas que dificultaban a circulación con seguridade.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O investimento para esta actuación ascende a 24.145 euros e finánciase con cargo ao Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024. Tamén está previsto o asfaltado da vía que une Montecalvo coa N-540 pasando por Sampaio, a LU-P-3303, titularidade da Deputación Provincial.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page