top of page

O Concello de Monterroso recorda que existe un punto limpo tras atoparse cun electroméstico tirado

Laura Moure/Monterroso



 O Concello de Monterroso recibiu un aviso esta fin de semana dun veciño no que alertaba da aparición deste electrodoméstico que foi tirado en Ligonde. O Goberno local lamenta este incidente, que considera unha absoluta falta de civismo e recorda que existe un punto limpo municipal no que depositar este tipo de refugallos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

 O Goberno local lémbralles aos veciños e veciñas que o Concello dispón dun punto limpo para a xestión de residuos voluminosos, tales como electrodomésticos fóra de uso, televisores ou plásticos, entre outros.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

As persoas interesadas teñen que tramitar a solicitude de recollida no Concello de Monterroso e os operarios municipais son os que recollen os refugallos e os depositan no punto limpo. Tamén existe a posibilidade de que os veciños e veciñas os leven eles mesmos ata o punto limpo. O horario habitual é os venres de 10:00 a 13:00 horas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Recórdase tamén que está prohibido depositar calquera tipo de residuos en vertedoiros incontrolados ou en calquera outra zona do concello que non estea debidamente habilitada para esta fin.


Cabe mencionar que o pasado mes de setembro o Concello eliminou precisamente un vertedoiro incontrolado en Ligonde:https://www.ecosdacomarca.com/post/o-concello-de-monterroso-elimina-un-vertedoiro-incontrolado-na-parroquia-de-ligonde


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page