A cotía da Xunta duns 48.000 euros irá destinada a bombear os fangos da estación de tratamento de auga potable (ETAP) á estación de depuración de augas residuais (EDAR)
Laura Moure/Monterroso
O Concello de Monterroso informou este xoves de que foi notificada a resolución de concesión da subvención para bombear os fangos da estación de tratamento de auga potable (ETAP) á estación de depuración de augas residuais (EDAR). "Esta é unha moi boa nova especialmente para o noso río Ulla, para a asociación de pescadores e para a área recreativa da Peneda pois con esta actuación por importe de 48.204 euros vaise a eliminar os vertidos o río Ulla e conducilos fangos xerados no decantador e no filtro da depuradora de potables á rede de saneamento a fin de posibilitar o seu tratamento na EDAR, eliminando así un foco de contaminación no cauce do río Ulla", indica o Concello.
Esta subvención foi solicitada á Xunta de Galicia en base a un proxecto encargado polo Concello para determinar as necesidades urxentes para eliminar vertidos ó río Ulla. "Así mesmo dende a Xunta de Galicia estase a redactar o proxecto para o novo tanque de tormentas da EDAR e da mellora da rede de saneamento", apunta.
Comments