Destinarase para mercar dos de envases lixeiros, papel e cartón
Laura Moure/Monterroso
O Concello de Monterroso aposta polo medio ambiente coa adquisición de novos colectores para a reciclaxe de envases lixeiros, papel e cartón. A iniciativa está financiada con fondos do convenio marco entre la Xunta de Galicia e Ecoembes. Deste modo, o Consistorio recibiu unha cuantía de 6.500 euros para adquirir colectores. Desta cuantía total, 2.500 euros destinaranse á compra de recipientes de recollida de envases lixeiros e 4.000 euros aos de papel e cartón.
O acordo foi asinado pola alcaldesa, Rocío Seijas e o director de Gestión Local e Autonómica de Ecoembes, Ángel Hervella Touchard. Este é o segundo convenio que se asina no que vai de ano polo que o Concello recibiu neste ano a cuantía total de 13.000 euros para fomentar a reciclaxe.
Esta xestión permite mellorar os medios dispostos en materia de reciclaxe co obxetivo de fomentar unha maior recollida selectiva deste tipo de materiales. Con este proxecto o Concello espera aumentar a porcentaxe de materia reciclada e incrementar así as cantidades recuperadas.
Durante os meses de verán tamén se está a incrementar o horario do punto limpo abrindo os martes e os venres en horario de 9:00 a 13:00 horas. "Seguimos mellorando o servizo de recollida de residuos para facilitar a reciclaxe e coidar do medio ambiente, facendo que Monterroso sexa un municipio máis verde", apunta o Concello.
Comments