top of page

O Concello de Monterroso recibe un conxunto de ferramentas hidráulicas de excarceración

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Monterroso

Este xoves levouse a cabo na Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a entrega dun conxunto de ferramentas hidráulicas de excarceración ao Concello de Monterroso para ser utilizadas polo Grupo de Emerxencias Supramunicipal para o rescate de persoas en zonas de difícil acceso.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Este conxunto de ferramentas hidráulicas está dotado dun valor de 44.500 euros e consta dunha ferramenta electro-hidráulica, unha cizalla, un RAM cilindro de rescate electro-hidráulico, seis baterías de ión-litio de cinco ah, tres unidades de cargadores de batería de sobremesa, tres cables de alimentación 230 vac e dunha serra de rescate para vidrio laminado, metal e madeira.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O acto de entrega foi asinado pola alcaldesa de Monterroso, Rocío Seijas, e o Vicepresidente Segundo e Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do Director Xeral de Emerxencias e Interior Santiago Villanueva e o Xerente da Axega.

 
 

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page