top of page

O Concello de Monterroso organiza un concurso de disfraces con máis de 1.800 euros en premios

Será o martes 13 de febreiro a partir das 17:30 horas na Cúpula


Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso repartirá máis de 1.800 euros en premios no concurso de disfraces do martes 13 de febreiro. As persoas interesadas en participar poden anotarse no Espazo Cultural Lorenzo Varela ata o 9 de febreiro ou ese mesmo día ata unha hora antes da saída do desfile. O desfile sairá da Praza Antonio Rojo Losada ás 17:30 horas e fará un percorrido pola vila ata a Cúpula, onde se celebrará o concurso.

Premios

Haberá un premio de 700 euros para a mellor comparsa, aquelas formadas por cinco ou máis persoas, un segundo de 300 euros e o 3º, 4º e 5º levarán 100 euros. Haberá outra categoría de individuais ou grupos cun primeiro premio de 250 euros, un segundo de 150 euros e un 3º, 4º e 5º premio de 50 euros.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Os participantes deberán formar parte do desfile e na Cúpula realizarán unha parodia. O xurado avaliará especialmente, entre outros aspectos: a animación, a creatividade, a orixinalidade e a espontaneidade.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Os premiados daranse a coñecer ao remate do concurso de disfraces, sobre as 20:30 horas.


Festa infantil

O Goberno local organiza a maiores para o día 11 de febreiro unha festa infantil de Entroido no Espazo Cultural Lorenzo Varela con entrada de balde a partir das 17:00 horas con inchables, ludoteca e merenda.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page